Aviso: Aberto o prazo de inscrición para o curso de Lázaro Carreño no Centro Coreográfico Galego

Aberto o prazo de inscrición para o curso de Lázaro Carreño no Centro Coreográfico Galego

Aberto o prazo de inscrición no taller de danza clásica e técnica de puntas que o mestre cubano Lázaro Carreño -primeiro bailarín do Ballet Nacional de Cuba durante tres décadas- impartirá no Centro Coreográfico Galego do 1 ao 5 de decembro.

As prazas son limitadas. O número mínimo de prazas necesario para a celebración deste curso é de 10 prazas. 

O prazo límite de inscrición: ata o 21 de novembro.
Prezo: 60 euros (taller completo) e 35 euros (só as clases de danza clásica).

Estado de trámite: En trámite

Comparte