Aviso: Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o subgrupo A1 de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o subgrupo A1 de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles/as que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no DOG, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión

 

 

Comparte