Aviso: Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

Listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Resolución do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles/as que non figuren na listaxe, disporán dun prazo de dez días hábiles a partir da publicación no DOG, para reclamar ou enmedar o defecto que motivou a exclusión.

Comparte