Aviso: Creación dun blog con Blogger

Creación dun blog con Blogger

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Curso dirixido a adultos con coñecementos básicos de informática. Contidos: recoñecer que é un blog e diferencialo doutros espazos web, identificar os distintos tipos de blog existentes e as súas finalidades, examinar algunhas ferramentas gratuítas para a creación dun blog, e finalmente crear un blog con Blogger e identificar as accións que condicionan o seu posicionamento na Internet.
Datas:  3, 4, 10 e 11 de decembro. Total de horas do curso: 6.

SOLICITUDES ATA AS 12 HORAS DO MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO.

Estado de trámite: En trámite

Comparte