Aviso: Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

A Consellería de Facenda publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 26 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

Comparte