Aviso: Adxudicación das subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e de música durante o ano 2020

Adxudicación das subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e de música durante o ano 2020

As iniciativas beneficiarias suman 187 citas en 7 países

A Xunta publicou na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a adxudicación da convocatoria extraordinaria de subvencións para a realización de concertos e funcións de artes escénicas, tanto dentro como fóra de Galicia, posta en marcha ao abeiro do Plan de reactivación do sector cultural co obxectivo de reforzar a liña anual de axudas á distribución para as industrias culturais no contexto da crise sanitaria. Neste caso, os proxectos subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade suman 187 actuacións, elevando a máis de 400 as citas protagonizadas en 17 países por grupos musicais e compañías escénicas galegas co apoio do Goberno autonómico a través de ambas convocatorias.

As súas dotacións, que suman 460.000 euros, destínanse a cofinanciar os gastos nos que incorren as empresas culturais con motivo do desenvolvemento de xiras e participación en festivais ou mostras fóra de Galicia. No caso da escena, apoiase así mesmo a distribución en escenarios galegos.

Comparte