Aviso: Apertura da plataforma de novidades para as editoriais

Apertura da plataforma de novidades para as editoriais

Deben ser en galego e formato físico

Resolución do 28 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se lles oferta ás editoriais que participen na Orde do 23 de decembro de 2020, que poidan incorporar as súas novidades editoriais en galego e formato físico á plataforma de novidades editoriais para o ano 2021.

Requisitos:

As editoriais que desexen participar nesta convocatoria e accedan á plataforma por primeira vez deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Poderá inscribirse toda persoa física ou xurídica que teña a condición de editora. No imposto de actividades económicas (IAE) debe figurar a epígrafe «edición de libros» ou outra en que quede claro a súa condición de editora.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Inscribirse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 17 de setembro de 2021 (incluído) na plataforma dixital de novidades editoriais da Xunta de Galicia, https://novidadeseditoriais.xunta.gal, co obxecto de presentar as súas ofertas editoriais, e que estas se poidan adquirir desde as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, beneficiarias da subvención para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico, establecida na correspondente orde de convocatoria para o exercicio 2021.
Estado de trámite: En trámite

Comparte