Aviso: Axudas para novos emprendedores
Axudas para novos emprendedores
O Instituto Galego de Promoción Económica publica no Diario oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).
Co obxectivo de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na comunidade autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve un sistema de incentivos de apoio a proxectos de ata 150.000 € de investimento subvencionable.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 2 de febreiro de 2015.