Aviso: Curso Augal. Master Class do Audiovisual Galego 2015
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Curso Augal. Master Class do Audiovisual Galego 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora a través da Agadic na celebración da terceira edición de Augal, a Master Class do Audiovisual Galego, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra entre o 3 de febreiro e o 21 de abril de 2015 como apoio á formación complementaria sobre a produción cinematográfica galega actual dentro do ámbito universitario.
Os alumnos e alumnas participantes recibirán un diploma de asistencia outorgado pola Agadic.