Axudas, subvencións e bolsas : Subvención a producións e coproducións de contido cultural galego

Subvención a producións e coproducións de contido cultural galego

Bases para as subvencións ofertadas para 2015 pola Agadic, segundo a convocatoria do DOG nº 93 de 20 de maio de 2015.

Beneficiarios: Produtores Audiovisuais (tanto persoas físicas coma xurídicas), que posúan máis do 20% do proxecto subvencionable.

A subvención terá un efecto incentivador polo que as solicitudes deberán presentarse antes de ter comezado o proxecto.

Modalidades:

A. Longametraxes cinematográficas de ficción.
B. Longametraxes cinematográficas de animación.
C. Longametraxes documentais con especial valor cinematográfico.
D. Curtametraxes de ficción, animación ou documental en versión orixinal galega.
E. Producións ou coproducións de autoría galega destinadas a ser emitidas por televisión.

Prazo: ata o 20 de xuño de 2015.

Corrección de erros desta convocatoria no DOG do 28 de maio de 2015.

Estado de tramite: Resolto

Comparte