Axudas, subvencións e bolsas : Axudas á tradución para o libro galego

Axudas á tradución para o libro galego

Para a tradución desde o galego a outros idiomas e para a tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

O prazo para presentar solicitudes finaliza o 6 de febreiro.

Estado de tramite: Resolto

Comparte