Axudas, subvencións e bolsas : Axudas destinadas a actuacións en arquivos para o ano 2017

Axudas destinadas a actuacións en arquivos para o ano 2017

A Secretaría xeral de Cultura publica no DOG a Orde do 28 de marzo de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Estas axudas teñen como obxectivo promover a protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental e arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte