Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de subvencións da Agadic á produción escénica para 2018

Convocatoria de subvencións da Agadic á produción escénica para 2018

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir a convocatoria de subvencións á produción escénica para 2018. Neste exercicio, as axudas terán un valor de 650.000 euros, o que supón un aumento na súa dotación do 7,6% respecto á anterior convocatoria. 

As bases establecen como finalidade destas subvencións o fomento da produción escénica, en calquera das súas disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con actividade en Galicia cuxas propostas se estreen entre o 1 de abril de 2018 e o 31 de marzo de 2019. Concrétase, así mesmo, que a produción dos espectáculos deberá iniciarse no exercicio de 2018. Nesta convocatoria, as bases establecen un mecanismo de discriminación positiva para garantir o apoio á produción dun mínimo de, polo menos, dous espectáculos de danza.

O prazo de presentación de solicitudes para optar ás subvencións á produción escénica dará comezo o 27 de decembro de 2017 e manterase aberto ata o 26 de xaneiro de 2018. 

Hai que ter en conta que no DOG do 26 de febreiro foi publicada unha corrección de erros.

Estado de tramite: Resolto

Comparte