Axudas, subvencións e bolsas : Axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en arquivos
Axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en arquivos
Destinarase a mellorar infraestruturas tanto autonómicas como locais e de asociacións sen ánimo de lucro e a prolongar as bolsas de formación
A Xunta de Galicia incrementa este ano os fondos dedicados a apoiar á actividade dos diferentes arquivos da Comunidade un 11% ata un investimento de preto de 800.000€. A achega, que reforza o compromiso do Goberno galego con estas dotacións, estará destinada a mellorar as infraestruturas dos arquivos municipais e de entidades sen ánimo de lucro, a prolongar as bolsas de formación e a financiar as actividades dos arquivos históricos e territoriais dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Así, dos case 800.000€ que a Administración autonómica dedica este ano aos arquivos, 145.000€ están asignados a orde de axudas en materia de arquivos destinadas a entidades locais e entidades sen ánimo de lucro que se publicou no Diario Oficial de Galicia o pasado 14 de febreiro. Con esta orde, o Goberno galego colabora no financiamento de actividades relativas á organización arquivística tanto da administración local, á que se destinan 110.000€, como das entidades sen ánimo de lucro, que contan cunha liña de axudas de 35.000€.
A finalidade desta liña de axudas, cuxo prazo de presentación é de un mes, é dotar a estes arquivos da infraestrutura e equipamento adecuado para que os seus fondos documentais estean organizados, en bo estado físico e mesmo reproducidos noutros soportes para que os cidadáns teñan o mellor acceso posible á información.
Estado de tramite: En trámite