Dinamización: NADAL NO GAIÁS

NADAL NO GAIÁS

Lecer cultural para gozar destas festas

Se o Nadal é para vivir en familia, leva contigo a familia ao Gaiás! Do 23 de decembro ao 4 de xaneiro contades na Cidade da Cultura cun Nadal moi musical e para todos.

 

Ler máis

Títeresbaile e música rockobradoiros, o tradicional concurso de postais e o festival solidario Cancións por regalos son algunas das propostas para as festas deste ano. Así, en canto uns fan carautas ao estilo de Castelao, outros poden animarse cos primeiros pasos de rockabilly ou cun espectáculo de monicreques.

Ademais, a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, no Museo Centro Gaiás, ofrece percorridos adaptados para os diferentes públicos, para descubrir a vida e a obra do premio Nobel galego a través de 600 pezas, entre as que tamén se encontran obxectos persoais como a mochila que levou na súa viaxe a La Alcarria ou fragmentos das películas nas que participou como actor.

Consultade aquí todas as actividades do Nadal no Gaiás. Boas festas!        

Comparte