Dinamización: DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022
Laxeiro
O Día das Artes Galegas de 2022 está dedicado a Laxeiro, unha figura central da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística, 25 anos despois do seu falecemento, segue a ser incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Pero a pegada de Laxeiro non só se circunscribe a este ámbito. O artista lalinense conseguiu a aprobación popular dos galegos máis alá do ámbito pictórico e académico.
Baixo esta premisa, a Xunta de Galicia ten en marcha unha programación especial para difundir a súa obra e o legado en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (RAGBA), o Concello de Lalín e outras entidades culturais.
Ligazóns
Novas relacionadas


15/03/2023
Felicita os recoñecidos no día grande da cultura galega e destaca os grandes éxitos que están a colleitar os autores en diferentes disciplinas no panorama nacional e internacional

13/03/2023
A exposición itinerante ‘Foi un home.

27/01/2023
Román Rodríguez destaca que a chegada da mostra “evidencia a gran importancia internacional da que goza Laxeiro e o interese que a súa obra ten fóra do noso país”
16/01/2023
O titular de Cultura da Xunta define ao autor homenaxeado como: “un dos creadores máis orixinais da nosa historia”
03/12/2022
O titular de Cultura da Xunta salienta a ampla programación desenvolvida este ano e a alta carga simbólica e sentimental que supón a mostra na vila natal do autor

22/06/2022
A mostra ‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’, aberta ata o 24 de xullo, busca situar ao pintor de Lalín nun lugar destacado da vangarda española do século XX

08/04/2022
Agradece a implicación das entidades e institucións que participan na programación conmemorativa a través de exposicións, propostas académicas e didácticas

06/04/2022
‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’, que pode visitarse ata o 5 de xuño, poderá verse despois en Madrid, Santiago de Compostela e París

01/04/2022
A mostra organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) co apoio do Goberno autonómico inaugúrase na Coruña e visitará Ourense, Lugo e Lalín

28/03/2022
‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’ afonda na obra do pintor galego máis relevante do século XX durante a súa etapa na Arxentina

23/02/2022
Os actos de hoxe, organizados pola Fundación Laxeiro, súmanse á programación que o Goberno autonómico ten en marcha en Galicia e fóra dela durante este ano coincidindo co Día das Artes Galegas dedicado ao autor o 1 de abril

15/02/2022
Está previsto que a mostra ‘Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1951-1970)’ recale na entidade francesa tras o seu paso por Santiago, Madrid e Lalín

13/12/2021
O Goberno autonómico, en colaboración con diferentes institucións e entidades, homenaxeará ao pintor lalinense para reforzar e internacionalizar o seu legado

19/11/2021
Trátase dunha das grandes apostas do Goberno autonómico dentro da programación do Ano Laxeiro, que incluirá actividades diversificadas

17/11/2021
O conselleiro de Cultura participa nos actos organizados pola Real Academia Galega de Belas Artes como peche da homenaxe a Domingo de Andrade

10/09/2021
O conselleiro de Cultura participou na inauguración da XV Bienal Laxeiro, cunha mostra de obras do autor así como de obxectos cedidos pola veciñanza

27/06/2021
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicita á Real Academia Galega de Belas Artes pola elección do pintor lalinense de cuxo pasamento se cumpren 25 anos o vindeiro mes de xullo