Equipamento: Museo Monográfico do Castro de Viladonga

Museo Monográfico do Castro de Viladonga

O Museo foi creado polo Ministerio de Cultura en 1983 -aproveitando a existencia dun edificio construído xa para tal fin entre 1975 e 1978- e abriu ao público en novembro de 1986.

A finais do ano 1989 a súa xestión foille transferida á Xunta de Galicia. O mesmo que o castro -propiedade públida na súa maior parte- depende da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ler máis

Entre 1992 e 1994 realizáronse importantes obras de reforma e ampliación nas súas instalacións. O Museo sitúase entre as dúas últimas murallas do lado S.L. do castro, moi preto da súa croa e a carón da área de aparcadoiro e lecer.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Estatal de xestión autonómica

Tipoloxía dos fondos

Unidisciplinar: Arqueoloxía

Servizos

  • Laboratorio fotográfico
  • Gabinete de restauración
  • Biblioteca
  • Arquivo
  • Sala de investigacións

Prezo da entrada

De balde

Modo de visita

Libre

Actividades non permanentes

Exposicións, conferencias e proxeccións individuais.

Espazos

  • Superficie total, 926 metros cadrados
  • Superficie de exposición, 488 metros cadrados. Os fondos dispóñense atendendo a unha montaxe temática e cronolóxica
  • Superficie de almacén, 438 metros cadrados

Datos de contacto

Dirección: Viladonga, Castro de Rei – 27.259 Lugo

Teléfono: 982 314 255

Fax: 982 314 194

e-mail: museo.viladonga@xunta.gal

Responsable: Elena Varela Arias

Directora

Aberto todos os días da semana.

De marzo a xuño, e de setembro a outubro, de 10:00 a 20:00 horas.

De novembro a febreiro de 10:00 a 19:00 horas.

Pechado os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.

Comparte