Equipamento: Museo Massó

Museo Massó

Situado na península do Morrazo, na ría de Vigo, Bueu ten unha grande tradición pesqueira, de salgado e posteriormente conserveira. O Museo Massó foi creado coa idea de divulgar a excepcional colección relacionada coa náutica que a familia Massó foi atesourando ao longo dos anos. Posteriormente, estes fondos foron adquiridos pola Xunta de Galicia -en 1993-, quedando expostos ao público en 2002 no solar da antiga fábrica de conservas.

Ler máis

A exposición está estruturada en tres seccións principais: a dedicada á etnografía mariñeira -con aparellos de pesca artesanal-, a industrial -na que se amosa o proceso de conserva e salgado do peixe a comezos do século XX- e a de navegación. Esta última está conformada por cartas de navegación, primeiras edicións de manuais de navegación e de pesca ou maquetas de embarcacións, entre outros moitos obxectos.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Autonómica, Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Tipoloxía dos fondos

Pluridisciplinar: Etnografía mariñeira -aparellos de pesca, carpintería de ribeira, elementos relacionados coa industria conserveira e do salgado-, ciencia e técnica, historia, historia natural -colección malacolóxica-, artes aplicadas -gravados, pintura, escultura-.
Fondo bibliográfico especializado en náutica, historia naval, industria da conserva, etc.

Servizos

Biblioteca.

Prezo da entrada

Gratuíta

Modo de visita

Libre / guiada

Actividades non permanentes

Exposicións temporais, cursos, conferencias, concertos.

Datos de contacto

Dirección: Avenida Montero Ríos s/n, Bueu – 36.930 Pontevedra

Teléfono: 986 321 838

Fax: 986 321 838

e-mail: museo.masso@xunta.es

Responsable: Mª Covadonga López de Prado Nistal

Directora

Martes a sábados de 10:00 a 20:00 horas.

Domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Pechado os luns.

Comparte