Equipamento: Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo, creado en 1969, está emprazado no casco histórico de Ribadavia, no edificio coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. Integran os seus fondos coleccións etnográficas de diferentes comarcas da provincia de Ourense, así como un relevante número de utensilios e apeiros da cultura vitivinícola, moi importante na zona.

Ler máis

Destaca a súa biblioteca especializada en antropoloxía e historia, con varios legados -Sánchez Orriols, Rubén G. Álvarez, Meruéndano, Abrente, Emilio G. Fernández...-, e con fondos documentais sobre o viño, o cinema e o teatro. Cómpre salientar asemade o fondo de documentación oral etnohistórica configurado mediante investigación de campo.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Estatal de xestión autonómica

Tipoloxía dos fondos

Pluridisciplinar: etnografía, arqueoloxía e historia.

Servizos

  • Biblioteca
  • Arquivo
  • Local de investigadores

Prezo da entrada

Réxime dos museos estatais xestionados pola Xunta

Modo de visita

Libre ou guiada para grupos -previa cita-

Actividades non permanentes

Vídeo, presentación de libros, exposicións.

Espazos

  • Superficie total, 1.075 metros cadrados
  • Superficie de exposición, 665 metros cadrados. Os fondos dispóñense atendendo a unha montaxe temática e cronolóxica
  • Superficie de almacén, 55 metros cadrados

Datos de contacto

Dirección: Rúa de Santiago, nº 10, Ribadavia – 32.400 Ourense

Teléfono: 988 471 843

Fax: 988 470 961

e-mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Responsable: Pilar Iglesias Armada

Martes a domingos de 9:30 a 14:30.

Pechado os luns e os festivos.

Comparte