Equipamento: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo foi creado no ano 1951. As administracións local e central promoveron conxuntamente este centro destinado a cubrir unha forte demanda social: a de ofrecer unha visión do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela, atendendo especialmente ao fenómeno da peregrinación.

Ler máis

Ao longo da súa historia, os problemas económicos e os sucesivos cambios de titularidade provocaron sucesivos peches e reaperturas do Museo. Este abriría as súas portas ao público de xeito definitivo en 1996, despois de que a súa xestión lle fora transferida á Xunta de Galicia. O edificio coñecido como a Casa Gótica -séculos XIV a XX- acolle os seus fondos.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Estatal de xestión autonómica.

Tipoloxía dos fondos

Pluridisciplinar: Belas artes -pintura, escultura, gravado-, arqueoloxía, ourivería, artes aplicadas -cerámica, acibeches, instrumentos musicais-.

Servizos

  • Laboratorio fotográfico
  • Biblioteca
  • Arquivo
  • Tenda

Prezo da entrada

Réxime dos museos estatais xestionados pola Xunta.

Modo de visita

Libre / guiada

Actividades non permanentes

Exposicións temporais, cursos, conferencias, concertos.

Espazos

  • Superficie total, 1.166 metros cadrados
  • Superficie de exposición, 500 metros cadrados -secuencia temática na disposición das coleccións
  • Superficie de almacén, 85 metros cadrados

Datos de contacto

Dirección: Rúa San Miguel, nº 4 – 15.704 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 581 558

Fax: 981 581 955

e-mail: difusion.mdperegrinacions@xunta.es

Responsable: Bieito Pérez Outeiriño

Director

De 10:30 a 20:00 horas.

Sábados de 10:30 a 13:30 e 17:00 a 20:00 horas.

Domingos e festivos de 10:30 a 13:30 horas.

Comparte