Evento: Wake Up & Dream Festival: Hajji de Fátima
Wake Up & Dream Festival: Hajji de Fátima
En 1999 Fatima Hajji debutou como Dj na súa cidade natal (Salamanca), conseguindo crear unha atmosfera de festa antes só ligada a grandes nomes, tras asombrar ao público local cun hard techno demoledor cargado de constantes referencias á súa ascendencia árabe e chegar a contar cunha verdadeira lexión de seguidores na súa cidade natal, o traballo de Fátima empezou a difundirse polo resto de clubs da zona, para aos poucos arrasar na escena eléctronica española. Un traballo constante e un crecemento impulsado polo seu bo facer en cabina fixeron desta Dj un dos referentes na escena Techno do país.
Técnica, potencia e agresividade unidas a momentos moi melódicos fan que o son Hajji sexa rapidamente recoñecido, e é que Fátima atrévese a encher a súa maleta dos tracks máis duros mesturándoos con temas moi melódicos, unha aposta realmente arriscada coa que fixo bailar a clubbers de toda España conseguindo que todos os crossfaders da península boten fume ao oír o seu nome. Fatima Hajji é sinónimo do techno tribal máis duro e as noites máis esgotadoras. algo que quedou demostrado nas súas aparicións en eventos como Florida 135, Monegros Festival, Electrosonic (Burgos), Friky Party, Aquasella (Asturias), Plasencia Techno Meeting, Womad Festival (Cáceres), Fresh Weekend, Eléctrodo Festival (Galicia), Musiberia Fesival, Mattrix (Badaxoz), Tecnolandia Festival (O Porto), Roxy (Praga, Rep. Checa), Alcantara Mar (Lisboa), Tecnolove (Ciudad Real), A Mision (Zamora), Fabrik (Madrid), Industrial Copeira (Selecta), Blau (Xirona), Chacal (Salamanca), Groove (Toledo), Aixa Galiana (Avila), Expo.DJ, Lokotron, Row 14 (Barcelona), Zeus (Valladolid), New Class (Mallorca), Booka.ro (Leon), entre moitos outros.
Máis eventos de tipo Festival