Evento: Obradoiro creativo de CinEmakis
Obradoiro creativo de CinEmakis
Os obxectivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e transformalo nun xoguete, do cal se poida inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.
Realizarase unha maqueta física dos emakis e as personaxes a través de caixa de cartón, debuxos, collages e debuxando onde ó rematar cada participante representa a súa historia e poden levar para casa o seu cineEmaki.
Data e hora: venres, día 8 ás 18:00 horas.
Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos.
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 28 de febreiro ás 9:00 horas.