Evento: Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira

Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira
xoves, 13 xuño, 2024 - 10:00
Xove

Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira

Festa de Interese Turístico

A Romaría do Santo Antonio Ventureiro da Rigueira celébrase o 13 de xuño de cada ano coincidindo coa festividade que conmemora o pasamento de Santo Antonio de Padua. É unha festividade relixiosa en que a poboación local e as persoas visitantes participan percorrendo calquera dos oito roteiros que conducen á igrexa parroquial de San Miguel da Rigueira, onde se garda a imaxe de Santo Antonio, para conseguir a ventura (diploma de participación) e o lirio branco (flor do santo e emblema da festa).

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular