Evento: Festa da Pataca

Festa da Pataca
sábado, 14 setembro, 2024 a domingo, 15 setembro, 2024
Coristanco

Festa da Pataca

Festa de Interese Turístico

A Festa da Pataca celébrase anualmente o terceiro domingo de setembro e as súas orixes remóntanse ao ano 1980. Nela únense patrimonio, tradición e gastronomía. Trátase dunha manifestación cultural e social de enaltecemento do produto da pataca de Coristanco, froito nesas terras da dedicación ao traballo de agricultores e produtores.
Esta festividade ten a súa orixe na necesidade de dar a coñecer a calidade do produto gastronómico que atopa na terra de Coristanco un óptimo lugar para o seu cultivo, pola conxunción da climatoloxía húmida e temperada xunto coas condicións do seu solo. Foi unha das primeiras festas gastronómicas de Galicia e naceu nun momento de predominio do traballo agrícola e de cultura enraizada na vida rural.
Durante varios días celébranse concursos gastronómicos, exposicións variadas , concertos, presentación de diferentes pratos con patacas, figuras con patacas, venda de produtos locais,rutas de petiscos... O domingo comeza cunha concentración e desfile de tractores engalanados.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Danzas Ancestrais de Darbo
6 de setembro a 9 de setembro
Varios espacios
Romarías da Virxe da Franqueira
7 de setembro a 9 de setembro
A Franqueira
Romaría da Nosa Señora da Barca
12 de setembro a 16 de setembro
Muxía
Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas
13 de setembro a 16 de setembro
A Pobra do Caramiñal