Evento: Lei eterna

Lei eterna
venres, 29 novembro, 2024 a venres, 7 febreiro, 2025
Rúa de Pérez Constanti, 12,
Santiago de Compostela

Lei eterna

/Lei Eterna/ parte dunha acción en medio urbano, unha /performance /participativa que tivo lugar na Praza da Quintana en Santiago de Compostela e que agora se reconverte para o seu formato expositivo na Fundac...

Lei Eterna parte dunha acción en medio urbano, unha performance participativa que tivo lugar na Praza da Quintana en Santiago de Compostela e que agora se reconverte para o seu formato expositivo na Fundación DIDAC. A exposición está asinada por Mery Pais.
Lei Eterna propón unha reflexión sobre as crenzas relixiosas de iguais e de contrarios para buscar un espazo conxunto de respecto pola diversidade. A exposición, comisariada pola directora artística da Fundación DIDAC Mónica Maneiro, funciona a través de diferentes rexistros visuais da acción performativa, un espazo sonoro realizado especialmente para a ocasión, fotografías, e unha instalación concibida a través das vestimentas das participantes na performance. Mery Pais busca a través desta proposta mergullar ao espectador participante nun espazo dende o que reflexionar sobre a necesidade de entrelazar culturas e derrubar estereotipos. A chamada á oración convértese nesta ocasión nunha chamada ao achegamento.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 30 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5