Evento: Festa da troita de Oroso

Festa da troita de Oroso
venres, 12 maio, 2017 a domingo, 14 maio, 2017
Sigüeiro,
Oroso

Festa da troita de Oroso

Festa de interese turístico de exaltación da troita

Sigüeiro ten un coto de pesca moi concorrido durante a tempada de pesca e desde o ano 1996 unha festa que enxalza a longa tradición troiteira da localidade. O segundo domingo de maio ten lugar un concurso de pesca e unha degustación gratuíta de troitas que reúne a preto de 30.000 persoas. En torno a estes dous eixes, desenvólvese un programa festivo durante toda a fin de semana, con actuacións de charangas e orquestras, obradoiros infantís e xogos tradicionais. Propostas de ocio para todos os gustos que van desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos. 

Máis información da edición de 2017: http://www.facebook.com/events/1957049501191060/

 

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
11 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Lamprea
25 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos