Evento: A caverna dos soños
A caverna dos soños
A caverna dos soños
arte, pintura, documental
Documental que trata sobre a figura de Correa Corredoira, un pintor notable, nacido na Coruña e que desenvolve o seu traballo desde os anos 80. Creador do grupo Orzán e membro destacado do grupo Atlántica, ten un universo propio que expresa a través da pintura, a escultura e o gravado. No documental acudimos ao seu estudio, preguntámoslle sobre todos os temas do seu interese e observamos o seu proceso creativo, en que nos mostra a súa personalidade. Tamén destaca a súa obra poética. O documental compleméntase coa intervención de sinalados intelectuais do panorama galego, que falan da súa obra e a súa experiencia vital.
Ligazóns