Evento: Fritzi. Un cuento revolucionario
Fritzi. Un cuento revolucionario
Fritzi. Un cuento revolucionario
historia, animación, adolescente
Alemaña do Leste, 1989. O muro que divide o país en dúas metades está a piques de derrubarse. Fritzi, de doce anos, coida de Sputnik, o cachorro da súa mellor amiga Sophie, mentres ela está de vacacións coa súa familia en Hungría. Mais chega o outono e comeza o colexio e Sophie non regresou. Fritzi e Sputnik inician unha aventura para atopala. Os seus pasos lévanos a descubrir as manifestacións que se repiten en Leipzig e a entender que está a pasar no seu país.
Unha película emocionante, impregnada da atmosfera da época e historicamente precisa que retrata a caída do muro desde a perspectiva dunha nena.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual