Evento: Anxo Araújo
Anxo Araújo
Anxo Araújo
Aprender a bailar
Aprender a bailar é en palabras do xornalista musical Carlos Crespo (Fugas) un dos mellores discos producidos en Galicia nos últimos tempos. Anxo Araújo presenta nos escenarios o seu segundo álbum, orixinal e entregado ao pop máis saboroso que pon ao descuberto o lado máis luminoso do artista. O artista emerxe cun disco de sublime pop emparentándose, segundo o crítico Noel Feáns (a Regueifa 2.0), con propostas do indie internacional como os primeiros Vampire Weekend ou os Crystal Fighters. O pontevedrés firma un traballo cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz. Anxo Araújo é un dos novos nomes da escena do pop independente galego.
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

5 de abril, 13:30
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña

6 de abril, 13:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense