Evento: The Lákazans

The Lákazans
venres, 14 marzo, 2025 - 21:30
La Pecera,
Vigo
Xira de presentación de 'Sandwina'

The Lákazans presentan en directo o seu novo traballo discográfico, Sandwina, inspirado na muller mais forte do mundo. Nesta nova aventura musical amplían o seu rexistro a novos xéneros da música norteamericana, mais aló do seu blues característico, con referencias que van desde o country ata o mais sentimental rockabillly.

Gravado en Pouland Studios baixo a atenta mirada de Iago Pico, que coproduxo este disco xunto a Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que a banda interpreta en directo fieis a súa esencia pero abrindo tamén camiño cara novos públicos.

Sandwina é o seu terceiro álbum despois de 'Homegrown' (2015) e o homónimo 'The Lákazans' (2013). Con traxectoria na escena musical desde 2011, a formación é hoxe un referente no panorama galego e a súa música ábrese paso cada vez con máis forza nos escenarios do resto do territorio estatal.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Manu Gómez New Orleans Band & Paula Martins
26 de abril, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Carabela
26 de abril, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
French Riviera
3 de maio, 21:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
The Blues Moonshiners
3 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra