Evento: Sanny

Sanny
venres, 4 abril, 2025 - 21:30
La Pecera,
Vigo

Sanny é unha cantautora viguesa que acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía nacional, así como Portugal, Inglaterra e Italia. As súas influencias veñen principalmente de artistas de folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez, ou Neil Young entre outrxs, de quenes aprende a importancia e responsabilidade de empregar a música como ferramenta social. Tamén teñen nela unha gran influencia compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers, Sharon van Etten ou Angie McMahon.

 

No 2019 publica o seu primeiro EP Loners Downtown, gravado nos Estudios Mans (A Coruña), con cinco temas nos que se explora o tema da soidade. Nesta colección de cancións evidénciase claramente a influencia do son americano, así como de artistas máis próximos ao indie como Elliot Smith ou Bright Eyes. Dende a súa publicación, Sanny, tivo a oprtunidade de presentar este traballo en distintos espazos, destacando os dous concertos no Auditorio Mar de Vigo como teloneira de Sidonie, dentro da programación do TerraCeo, e a súa participación no Espazo Fest (Pazo de Cea) como teloneira de Iván Ferreiro.

 

Nesta ocasión, acompáñase de Anxo Paz á percusión, quen xa participou activamente no proxecto dende a publicación do EP. Xuntos adaptan temas dese traballo a este novo formato e adiantan tamén algunhas composicións do que será o próximo traballo da formación.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Antía Muíño
5 de abril, 13:30
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Uxía
6 de abril, 13:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense
Alana
11 de abril, 22:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
María Fumaça, cantar e bailar para ser máis feliz
13 de abril, 17:30
Auditorio de Goián - Tomiño - Pontevedra