Evento: Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación medioambiental”
Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación medioambiental”
Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación medioambiental” a cargo de Luis Navarro, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Botánica na Universidade de Vigo e director do Grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo e o Grupo de divulgación científica Divulgare. A crise dos polinizadores: un reto para a conservación ambiental” é unha exposición que aborda a alarmante diminución de especies polinizadoras, esenciais para a reprodución das plantas e o mantemento dos ecosistemas. A interferencia humana alterou procesos ecolóxicos milenarios, provocando que moitas plantas se reproduzan de maneira subóptima. Este problema é especialmente grave porque, sen polinizadores, a maioría das plantas con flor non poden reproducirse, afectando á produción de alimentos, á xeración de osíxeno e á retención de CO₂, entre outros servizos vitais. Aínda que o declive dos polinizadores é gradual e, polo momento, só visible para o ollo experto, se se exceden certos umbrais, as consecuencias poderían ser catastróficas e irreversibles, de maneira similar ao que sucede co cambio climático. Co obxectivo de concienciar e xerar un cambio na percepción pública, o laboratorio Divulgare da Universidade de Vigo presenta esta exposición nun formato innovador que combina cómic e vídeo de animación. Unha invitación para reflexionar sobre o legado que queremos deixar ás futuras xeracións e o papel que cada un debe asumir na conservación do noso planeta.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.