Evento: A Ramona pequena vai á rúa
A Ramona pequena vai á rúa
A Ramona pequena vai á rúa
A cargo de Pakolas
Pakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquietudes cunha mente moi esperta que adoraba perderse entre as páxinas de Julio Verne. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta.
Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira desbordante de imaxinación e aprendizaxe.
Para nenos/as a partir de 4 anos (Público familiar)
Duración: 55 minutos
Horario: 18:00 h.
Salón de actos (ata completar capacidade)