Evento: Concerto de La Pegatina
Concerto de La Pegatina
Concerto de La Pegatina
Actuación dentro da Xira Revulsiu Tour 2015
La Pegatina é considerado o grupo catalán máis internacional na actualidade. Nestes dez anos de carreira, percorreron 20 países e todo o mundo ten en mente as súas xiras asiáticas (en China e Xapón) e as súas últimas incursións suramericanas (en Ecuador, Arxentina e Uruguai). Ademais, conseguiron ser un dos grupos imprescindibles dos festivais máis grandes de Europa como o Sziget (Hungría) ou o Pinkpop (Holanda), entre moitos outros.
Todos estes éxitos débense, en gran parte, ás súas actuacións en directo. Os seus concertos son unha festa onde todo o mundo baila, canta e ri.
Ligazóns