Evento: Concerto de Cántigas da Terra, A.O.F.T. Gomes Mouro e Coral de Ruada
Concerto de Cántigas da Terra, A.O.F.T. Gomes Mouro e Coral de Ruada
A Praza Maior acolle o concerto dos grupos Cantigas da Terra, AOFT Gomes Mouro e a Coral de Ruada.
Este concerto pon fin aos actos do IX Certame de Ruada, e encádrase dentro dos actos das Festas de Ourense 2015.
Coa creación das Irmandades da Fala, o primeiro nacionalismo precisa pragmatizar os seus ideais de recuperación da identidade propia, promovendo así o uso público da lingua galega. Con tal fin nace Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916). Nun contexto de emoción e creatividade, produto do amor pola Terra, xermolan o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura,...
Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla reúnense nunha casa da avenida de Zamora, propiedade deste último e chamada “Villa Joaquina”, para fundar o CORO DE RUADA. Era o 5 de outubro de 1918. A primeiros de 1919 comezan os ensaios baixo a dirección de Daniel González Rodríguez, que procedía do Orfeón. Tamén comeza os ensaios o cadro de declamación.
A Asociación Ourensá de Folclore Tradicional Gomes Mouro nace no ano 1993, coa finalidade de recuperar, investigar e dar difusión ao patrimonio musical galego, e especialmente a tradición na provincia de Ourense.
Máis eventos de tipo Concerto