Evento: Romaría Vikinga
Romaría Vikinga
A Romaría Vikinga celébrase en Catoira o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá. A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente e con ilusión para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional. Na orixe e desenvolvemento desta festa podemos distinguir tres etapas:
- Primeira etapa. Ateneo do Ullán (1961-1964): período de creación.
- Segunda etapa. Patrocinio da empresa local Cerámica Domínguez do Noroeste S.A. (1965-1990): período de desenvolvemento e consolidación.
- Terceira etapa. Organización do Concello de Catoira (1991): período de proxección internacional e marcado carácter cultural.
Na programación de lecer de Catoira nestas datas esta programado a semana de teatro, presentación do libro de Francisco Singul "Xelmirez, señor de Torres do Oeste", a tradicional Cea Vikinga, a noite de luz, concertos, pasarrúas e o desembarco vikingo, así coma outras actividades deportivas e de xogos populares.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
