Evento: Festival Internacional de Jazz e Blues
Festival Internacional de Jazz e Blues
O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa edición número 23, cun programa que trata de seguir a liña que o caracteriza e constitúe a súa sinal de identidade: concertos de artistas de nivel internacional gratuítos, non só de música de jazz (que supón a maior parte do programa), senón tamén de blues. Como é habitual, prestando, ademais, unha atención especial aos músicos galegos e ás actividades docentes.
Pontejazz Workshop: Do 15 ao 18 de xullo en horario de 11:00h. a 14:00h. no Antigo Conservatorio.
Jazz pola rúa: sesións de 12:30h. a 13:30h. e de 19:30h. a 20:30h. durante os días do festival a cargo de Chivinjazz.
Jam Sessions: todos os días a partir das 24h. en A Gramola contando con Valentín Caamaño Trío (días 14 e 15), Javier Abraldes Trío (días 16 e 17) e Pedro Freijeiro Trío (días 18 e 19).
Actuacións que terán lugar ás 22:30h
- Día 14 na Praza do Teucro: Felipe Villar Quartet.
- Dia 15 na Praza do Teucro: Nani García Trío.
- Día 16 na Praza da Ferrería: Janiva Magness.
- Día 17 na Praza da Ferrería: Terri Lyne Carrington.
- Día 18 na Praza da Ferrería: Ruthie Foster.
- Día 19 na Praza da Ferrería: Virxilio da Silva Quinteto.
Máis eventos de tipo Festival