Evento: Visita guiada polo mosteiro de Oseira

Visita guiada polo mosteiro de Oseira
sábado, 26 setembro, 2015 - 16:30
Mosteiro de Oseira,
San Cristovo de Cea

Visita guiada polo mosteiro de Oseira

Complementaria ao obradoiro de achegamento á musica antiga

O obradoiro de achegamento á música antiga de Espazos Sonoros escolle desta volta un espazo de grande interese como é o antigo refectorio do mosteiro de Oseira, unha dependencia que data do século XVI e que foi reconstruída hai algunhas décadas ao quedar arruinada durante o proceso de abandono que sufriu o
mosteiro logo da desamortización, no século XIX.

Caracterizada pola súa bóveda de crucería, a sala está situada nunha zona habitualmente non visitable do mosteiro, con vistas ao solario, e á que se accede
por unha impresionante escaleira abacial. Ademais da posibilidade de contemplar estes espazos, para as persoas que asistan ao obradoiro está previsto un percorrido polo mosteiro no que teñen a oportunidade de visitar, ademais, a igrexa, os claustros, a botica ou a antiga sala capitular, xunto con outras dependencias do conxunto monacal.

Hora da visita: 15.30 h
Inscrición: só para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal