Evento: Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
A festa vense realizando desde o ano 1999 e nace como un evento de exaltación da gastronomía e cultura galega. O propósito desta festa é poñer en valor e tratar de recuperar a especie do Galo Piñeiro con raíces na época celta. Ademais realízase unha mostra cabalar, cada vez máis exitosa, na que participan as mellores égoas e cabalos de pura raza galega e foránea.
Comeza coa apertura da feira e venta de animais vivos de galos e galiñas de raza piñeira, que se complementa cun concurso, no que se condecoran cun galardón ós mellores exemplares desta raza. Pola tarde, ten lugar a Mostra Cabalar, na que teñen lugar diferentes exhibicións de égoas e cabalos do país, así como as égoas e cabalos cruzados.Tamén participan potros e potras, cabalos e égoas de pura raza española de diferentes idades, que compiten polo galardón ao mellor exemplar. Todos os anos se entrega un premio especial "Faísca" ao mellor producto P.R.E. (Pura Raza Española) nado e criado en Galicia.
Desde o ano 2009, celébrase a Feira Celta, que é unha das atraccións desta festa que cada ano levanta máis interese entre os asistentes. Nela numerosos veciños/as participan vestíndose de época e participando activamente no evento.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

