Evento: WOS INC 2015
WOS INC 2015
WOS INC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais entre un público heteroxéneo.
Música, artes visuais, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 11 ao 13 de Setembro de 10 espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
En colaboración coa sala de cinema e distribuidora NUMAX a película "Los Hongos", dirixida polo emerxente director colombiano Óscar Ruiz Navia, e que recibiu numerosos premios antes de estrearse.
Esta afinidade entre festivais lévalles a propoñer un crossover de programación, polo que Curtocircuíto dotará a WOS INC de proxeccións cinematográficas, mentres que o evento musical propoñerá algúns dos concertos de Curtocircuíto 2015.
Máis eventos de tipo Festival