Evento: Concerto de Mini e Mero
Concerto de Mini e Mero
Mini e Mero son cantores do país, que gustan da nosa Cultura e da nosa Tradición, dos nosos escritores e poetas, fan da nosa lingua unha musicalidade fermosa, están aquí para servir e non para servirse. Contribúen á recuperación do patrimonio cultural do noso país, ao seu mantenemento, exercen e son grandes activistas culturais, defenden a lingua, a memoria histórica...
Membros históricos de Fuxan os Ventos, grupo que, alá polo 1972, representou e revolucionou Galiza pescudando no pasado, recollendo cantigas dos vellos e vellas e rescatando así a tradición oral. A isto engadíanse temas de composición propia e de poetas galegos.
O grupo medrou no compromiso social de oposición á ditadura e na reivindicación dun pobo, un idioma e unha cultura propia, aínda que naquela época só o feito de cantar en galego xa era en si unha reivindicación.
Seguiron este labor noutro grupo, A Quenlla, do que forman parte na actualidade, complementado coa compilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente da súa Terra Chá natal e das zonas onde exerceron o seu traballo como mestres (Mesía e Boimorto).
Máis eventos de tipo Concerto