Evento: Fulión Tradicional do Entroido de Manzaneda
Fulión Tradicional do Entroido de Manzaneda
O son do fulión, con bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar pasarrúas de entroido, que nesta localidade é acompañado pola súa personaxe tradicional, a "mázcara".
Os folións de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo compasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das "mázcaras", cos seus característicos gorros engarzados con cintas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os folións de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Acaba sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, rabo,... a comida típica destas datas en Galicia.
Destacado: Comida popular o Martes de Entroido.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
