Evento: Concierto de Javier López de Guereña
Concierto de Javier López de Guereña
Javier López de Guereña, nace en Bilbao e reside en Madrid, é un dos máis relevantes guitarristas, compositor e produtor da escena musical española desde os anos 80's.
No 1979 ao rematar Bioloxía comeza a dedicarse máis profundamente á música ata que no 1983 pasa a ser a súa dedicación exclusiva. De formación autodidacta centrou parte da súa actividade no jazz.
Desde 1984 colaborou con Javier Krahe e a raíz desa colaboración foi chamado a colaborar con numerosos artistas de pop e rock como compositor, arranxista e produtor, relacionándose así con xente como Manolo Tena, Ana Belén, Miguel Ríos, Palito, Pasión Vega ou Los Toreros Muertos. Ademais destas colaboracións ten traballado como compositor para cine e televisión e ten composto obras de infinidade de estilos desde jazz a música de cámara.
Máis eventos de tipo Concerto