Evento: Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Cartel da Mostra
Mostra do Encaixe de Camariñas
mércores, 23 marzo, 2016 a domingo, 27 marzo, 2016
Recinto Feiral de Camariñas,
Camariñas

Mostra do Encaixe de Camariñas

Festa de interese turístico de Galicia

A imaxe do inverosímil baile de mans das encaixeiras de Camariñas tense convertido nunha das iconas de Galicia. Desde 1991, esta localidade coruñesa acolle durante a Semana Santa a “Mostra do Encaixe de Palillos”, cunha proposta a cabalo entre unha mostra antropolóxica e unha moderna feira comercial. Mentres as asociacións e algunhas palilleiras de xeito particular, tanto de Galicia como de fóra, amosan o seu traballo na área de exposición, na Mostra participan grandes firmas de moda e deseñadores noveis que desenvolven toda unha programación de desfiles ao estilo das grandes citas internacionais.
A festa ten unha duración de cinco días, e cada sesión diaria de mañá e tarde comeza con demostracións do traballo das palilleiras a cargo das escolas municipais de Camariñas, Camelle, Xaviña e Ponte do Porto. É a oportunidade de coñecer de cerca este peculiar xeito de fabricación de tecidos que consiste en entrelazar fíos sobre unha almofada e un patrón.
O resto do programa complétase cos desfiles, tanto de deseñadores de prestixio consolidado como noveis. Hai tamén un concurso para novos deseñadores. Nas últimas edicións, a mostra abriuse a outras manifestacións artesáns, como os oleiros de Buño, a prataría, o liño ou o vidro soprado, polo que o espazo de exposición ten o interese engadido de representar unha viaxe polas diferentes artesanías tradicionais de Galicia.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
11 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Lamprea
25 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos