Evento: Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia
Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia
Pór en valor a tradición fabril da zona é o obxectivo desta actividade do ciclo Monumenta na que se visitan algúns complexos industriais situados no concello de Caldas de Reis.
Introducirase na tradición artesá, comercial e industrial desde a Idade Moderna ata a época contemporánea, propia da bisbarra do Ulla-Umia, que aínda hoxe mantén importantes fábricas no ámbito da química, da alimentación, da metalurxia e da madeira.
Camiñante convidado: Xoán Carmona Badía,catedrático de institucións económicas da Universidade de Santiago de Compostela, investigador da historia marítima e empresarial, e do patrimonio industrial.
Máis información: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211
- Programa Monumenta 20161.77 MB
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro