Evento: Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra

Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra
luns, 15 agosto, 2016 - 11:00
Albergue da Fábrica da Luz,
Parada de Sil

Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra

Esta andaina percorre o canón excarvado polo río Mao no granito, con zonas de impresionantes fragas

Ademais de observar a interesante xeoloxía da zona, durante uns tres quilómetros Monumenta camiñará pola canle construída en 1916 para fornecer auga ás turbinas da central hidroeléctrica de Escalada (actual albergue da Fábrica da Luz). Na canle atópase un pequeno túnel construído para evitar desprendimentos. Atravesaremos a necrópole medieval de San Vítor de Barxacova (século IX) e a localidade de San Lourenzo de Barxacova.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Eduardo González Clavijo, xeólogo coautor do Proxecto Silxe (inventario de lugares de interese xeológico do Cañón do Sil), especialista na xeoloxía da Ribeira Sacra. Juan López Bedoya, xeomorfólogo, que nos axudará a entender mellor o clima, a vexetación e a pasaixe sonora da zona.

Inscrición previa: imprescindible inscrición, do 12 de xullo ata o domingo 14 de agosto, na web de Monumenta: https://galiciamonumenta. wordpress.com
Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13626182
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal