Evento: Camiños do sal: patrimonio histórico e rede natura nas salinas do Ulló

Camiños do sal: patrimonio histórico e rede natura nas salinas do Ulló
domingo, 21 agosto, 2016 - 10:30
Salinas de Vilaboa,
Vilaboa

Camiños do sal: patrimonio histórico e rede natura nas salinas do Ulló

Andaina para coñecer as ruínas da Granxa das Salinas, acompañada coa música de Treme durante os descansos

Monumenta permite coñecer con esta andaina as ruínas da Granxa das Salinas, edificio de finais do século XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e os terratenientes, e que dispuña de diversas dependencias para a manipulación do sal e outros produtos. A andaina tamén nos levará a un dos poucos exemplos de muíño de mareas, que aproveitaba as correntes das preamares para mover a súa maquinaria.

CAMIÑANTES CONVIDADOS

Alejandro Costa Fernández, enxeñeiro técnico, monitor de ocio e veciño de Vilaboa, organizador de roteiros a pé e en bici polo espazo natural e polo patrimonio da zona. Francisco Alonso Toucido, graduado en historia e doutorado en arqueoloxía, guía de rutas interpretativas do medio natural. Coa axuda e colaboración da Asociación Salinas de Ulló, adicada á recuperación, conservación e divulgación do entorno das Salinas. Treme, Su Garrido, voz e guitarra, e Margarida Mariño, cello, compartirán na andaina a súa música nos pequenos descansos durante a andaina.

Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13627765
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal