Evento: Visita guiada polo Pazo de Liñares

Visita guiada polo Pazo de Liñares
sábado, 1 outubro, 2016 - 16:00
Pazo de Liñares,
Lalín

Visita guiada polo Pazo de Liñares

Coñecer a súa historia da man do investigador Francisco Rubia Alejos

Para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga, está prevista, con anterioridade ao comezo da sesión, unha visita guiada polo pazo de Liñares, un espazo que representa
un dos mellores expoñentes do que foi a arquitectura palaciana galega, non só polo que aínda se conserva da súa fisionomía, senón pola intensa vida social e tamén cultural que, dentro dos seus muros, se desenvolveu ao longo de séculos.

Da man de guías expertos e dun gran coñecedor deste espazo, o investigador Francisco Rubia Alejos, saberemos da historia do pazo, da importancia que acadou ao longo da historia ata a súa decadencia e posterior ruína, e dos detalles da vida cotiá que alí se desenvolveu cando foi residencia de verán da familia dos Taboada.

A visita permitirá percorrer as diferentes dependencias do pazo, no que se atopa tamén o Museo da Marioneta de Lalín, así como os exteriores e xardíns.

Hora: 16.00 h
Inscrición: actividade exclusiva para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga (non precisan inscrición á parte)

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Día das Letras Galegas e Compostela
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal