Evento: Festival de Pardiñas
Festival de Pardiñas
Este é un festival que se autodenomina 'Feira e Festa da Música e da Arte' e que, desde 1980, organiza a asociación cultural Os Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega.
Polo seu escenario pasan grupos e intérpretes galegos, españois e de distintos lugares do mundo (Francia, Escocia, Cuba, Portugal…). Ademais no festival teñen lugar outros eventos, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros, ou o 'prato máis mimado', a Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.
Nesta edición haberá ampla representación galega, con Bloquinho de Xermolos, Banda Crebinsky, Anxo Lorenzo Band e Liviao de Marrao o sábado 6, ademais dos andaluces Rarefolk. O domingo haberá obradoiro de batucada co Bloquinho, e concertos de Alvariza, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Fanfarria Taquikardia e os irlandeses Fullset.
Máis eventos de tipo Festival