Evento: Festival de la Luz 2016
Festival de la Luz 2016
As orixes do festival están nunha vella idea da cantante Luz Casal, organizar na súa vila natal unha festa de música no agro, un tempo adicado a homenaxear a Galicia rural e para toda a familia. Promocionar os seus produtos e iniciativas culturais. A recadación íntegra dóase a iniciativas sociais.
Ao igual que noutras edicións, na deste ano a música ten un lugar salientable con figuras como Os herdeiros da Cruz, Cris Román, Los Suaves, Miguel Costa, Guadi Galego, José Mercé, Hombres G, Triángulo de Amor Bizarro, Malvela, Rosa Cedrón ou The Lakazáns, e outras sorpresas.
Ademais, os pequenos e pequenas teñen máis protagonismo que nunca e é que a Zona Infantil amplíase para dar cabida a todos os que queiran divertirse neste área dinámica, lúdica e de tradición. Ao tradicional Mercado da Colleita súmase unha área de xogos tradicionais.
Os fondos recadados destínanse a Médicos sin Fronteras.
Máis eventos de tipo Festival